Español · English · Galego · Català · Euskara

🆘

Respira. Estás no sitio axeitado.

Se te están a estafar agora mesmo, ou acabas de decatarte: non precisas ler nada máis.
Toca só o botón que encaixe coa túa situación.

📞 Chama ao 017 — INCIBE (España) Liña de axuda gratuíta e confidencial en ciberseguridade, as 24 horas. Guíante paso a paso no teu caso concreto. 🚨 Chama ao 112 — Emerxencias (España) Se estás en perigo físico inmediato, ou alguén te está a presionar ou coaccionar en persoa agora mesmo.
🏦 Chama ao teu banco AGORA Usa o número que está detrás da túa tarxeta ou na túa app oficial (nunca un que che enviasen por SMS ou email). Dilles: "Fun vítima dunha estafa, quero bloquear esta operación."
🔒 Deches algunha clave ou código? Cámbiaa xa mesmo no servizo real (escribe ti a dirección — nunca uses o enlace que che enviaron).

Despois de chamar, nesta orde:

  1. Fai capturas de pantalla da conversa, a mensaxe ou o anuncio, antes de que desapareza.
  2. Denuncia na policía, en persoa ou online.
  3. Avisa á plataforma (WhatsApp, Wallapop, o teu banco, etc.) da conta ou número que che estafou.
  4. Cando esteas máis calmo/a, le a guía completa paso a paso (en castelán) para non deixar nada sen facer.